Monday 29 de April de 2024

Conclúe a restauración do antigo lavadoiro de Vixán, punto de interese da futura ruta de sendeirismo circular de Carreira


O Concello de Riveira informa da conclusión dos labores de restauración dun antigo lavadoiro situado no lugar de Vixán, na parroquia de Carreira

A actuación serviu poñendo en valor un elemento patrimonial que estaba semisoterrado e oculto pola maleza. Así, a zona na que se sitúa o o lavadoiro foi desbrozada e limpada e colocouse sobre o mesmo un teito de madeira integrado no entorno e ao mesmo tempo o protexe das inclemencias do tempo.
Demanda veciñal
A execución destes traballos responderon tamén a unha demanda veciñal, xa que acude moita xente ante a gran calidade das súas augas. Incluso, turistas que se achegan nos veráns tanto de Carreira como das parroquias veciñas de Aguiño e Castiñeiras.
A idea é que este lavadoiro sexa un dos puntos de interese polos que transite a ruta de sendeirismo circular que se está acabando de crear en Carreira, a segunda deste tipo de iniciativas que se vai poñer en marcha e que está a servir pare recuperar moitas paraxes e elementos que caeran no esquecemento. De feito, esta ruta de Carreira descorrerá tamén por camiños que non eran transitados polos veciños dende hai polo menos tres décadas e que tamén foron desbrozados e recuperados.